Boas non, boísimas tardes as que tivemos vai un par de semanas co equipo do programa da TVG Boas Tardes e hoxe que o puxeron pola TV! Tan guai foi a experiencia que decidimos facer esta crítica na nosa lingua galega como pequena homenaxe á televisión pública deste curruncho da península. Dous dos nosos compañeiros do equipo de Aún Pillas Tortillas (os pioneiros!) acompañaron á reporteira do programa para respostar algunhas preguntas e levala por alguns bares da Coruña. Esta vez tocaron O Universal na rúa San Andrés 1, do que non temos unha foto (e polo tanto review) pero sen dúbida voltaremos a proba-la sua tortilla esponxosa e riquísima, o noso querido El Tren do que xa fixemos una crítica no seu momento e éste que hoxe nos ocupa: a Cervecería do Centro no final da mítica rúa da Barreira. Ben sabido é que na tele hai moitas mais cousas das que estar atento e pouco se pode valorar, aínda así fixemos un esforzo grande de concentración mentres estabamos no aire e analizamo-la tortilla que nos puxeron. Aguantaría a presión das cámaras?
Aspecto: Perfecto, substanciosa e lixeiramente mais oscura por dentro, deixando un pouco de ovo líquido que derrama sutilmente, fumegante e cun arrecendo delicioso.
Jugosidad: Moi, moi boa e moi conseguida. Apta para amantes de todas as variedades de tortilla.
Sabor: Riquísima, excepcional. Poucas tortillas hai así na cidade. Imprescindible probala.
Tamaño: Bastante decente, unha boa previa nun vermú para estimular o estómago ou para anticipa-la cena.
Precio: 1.80€ que sinxelamente valen cada céntimo que custan.
Otras observaciones: Situación céntrica, bo trato e por riba deixannos grabar alí dentro. Todo fetén!
E o veredicto é…
Nota final: BUM! Un 9.15/10. A verdade é que non temos moi claro que esta sexa peor que a do Mesón do Hockey, simplemente son para gustos distintos, esta mais elegante, aquela máis rustica. Pero dende logo unha tortilla sinceramente espectacular.
Lo mejor: Todo. Non hai pega. Unha tortilla enteira así aseméllase bastante o noso ideal de tortilla perfecta.
Lo peor: O peor é que estiveramos gravando e non puideramos pedir outra ou outras dúas! Non hai pega posible, unha tortilla que ben mereceu saír na tele!
Cervecería del Centro está na rúa da Barrera número 25.
Actualización 27/07/16: Paseando por el centro el otro día nos fijamos que la Cervecería del Centro ha cambiado de nombre y previsiblemente de dueños así que no podemos asegurar que esta información siga siendo válida. Queda como recuerdo de nuestro paso con la gente del programa Boas Tardes y os dejamos aquí la crítica del sitio que le sustituyó, la Mala Vida.